viernes, 17 de abril de 2015

Contidos 2015

 

A ASOCIACIÓN CULTURAL EIRASENDA celebrou días atrás unha reunión da súa xunta directiva para analizar e valorar os proxectos postos en marcha e programar novos eventos de cara os vindeiros meses.

No apartado de actividades en proceso de realización, remarcar que estase a traballar na limpeza e acondicionamento -no marco dun proxecto de colaboración co Concello de Carballeda de Avia- dun sendeiro entre a zona do Fexaco-Insua a carón do Barbaña ata Caldelas (Berán); o consistorio ribeirao facilita o material preciso e a asociación colabora ca prestación da man de obra para habilitar iste camiño como un recurso turístico mais deste concello.
Ademais, Eirasenda tamén concertou un marco de colaboración ca Entidade Local Menor de Berán co fin de habilitar outro sendeiro que percorre a área recreativa do San Roque e remata nas termas de Beran en Caldelas. Ámbolos dous sendeiros conforman unha ruta perimetral que pretende por en valor o entorno natural, paisaxístico e etnográfico da zona. Asimismo o colectivo cultural elaborou por medio da historiadora Maria Luisa González Álvarez a proposta histórica para a aprobación e homologación do escudo heráldico da Entidade Local Menor ante o organismo correspondente da Xunta de Galicia.

Noutro orde de cousas, acordouse a celebración dunha velada poético-musical no mes de maio en Beiro ( Carballeda de Avia) no local social da asociación, ca finalidade de por en valor os novos valores artísticos do Ribeiro e por ende contribuir a dinamización cultural do occidente ourensán.

Lembrar que a A.C. Eirasenda é un colectivo nado no berce desta comarca histórica e que ten coma obxectivo revitalizar a cultura nos seus diferentes niveis, facendo especial fincapé na promoción e recuperación de sendas e camiños como eixe esencial para o fortalecemento dunha actividade turística constante e rendíbel.


Ourense, 14 de abril de 2015